CHASIN dixo

Fai cousa dun mes lin o derradeiro libro de Diaz Pardo, títulase " tentando construir unha esfinxe de pedra " a verdade é que merece a pena ( coma todo o que el escribe ) pero cecais este ten mais significado porque nel relata da algún xeito todo o que lle está a acontecer nestes últimos dous anos, e por outra parde de algún modo antes de acontecer todo este lio de Sargadelos xa él intuía que todo podia rematar coma, o Marqués de Sargadelos, anque doutro xeito,claro.
Humildemente, dende eiquí quero rendir unha pequena homenaxe a este gran artista. Atrévome dende eiquí a mandarlle unhas letras que fan alusión ó seu relato. Secadra parece unha pedantería pola miña parte, pero eu coñezoo moi ben, e sei que se o lee vaille gustar.

VAI POR TI ISAAC

TODOS TEMOS A NOSA ESFINXE.

Hay moitos anos unha esfinxe, cecais parente da túa, díxome:
" cala nena non fales xa que mesmo te poden meter na cadea"
Uns homes de traxe verde acostumados a topar con outros homes sen cabelos, andan polas veirarúas, a vixiar que se manteña o orde e as boas costumes. Eu moi pequecha discutín coa miña esfinxe. ( a miña era loira e de ollos escuros ). Dixénlle, non calarei. Sempre me poderán encadear ó corpo, pero nunca os meus pensamentos.
A meniña medrou e segue a falar ca súa esfinxe. Un bó dia preguntoulle ¿ e que che parece o que pensa a túa compañeira, a que ten o mar nos ollos ?.
Que está enganada co seu facedor, él non é un fracasado. A esfinxe de pedra é demasiado crítica, só basta unha ollada para atopar o home buscado de pes a cabeza.
Falarei con ela, dixo a miña esfinxe.

Esfinxe de pedra anima ó teu amo
Recorda que él fíxote, non lle falles ti
Él non é de pedra, errar é de humanos
Os erros desfanse
Tal vez se chamamos de novo á esperanza
Teñamos repouso pos vindeiros anos
Non pode perder o que ten gañado
Por méritos propios
Non poden burlarse do seu bo facer
Ningún miserable te pode eclipsar
Só ti es o único que telo direito
De te namorar da esfinxe de pedra
sempre contigo. mª anxeles

Se a alguen lle interesa o libro, pódese comprar no castro, cecais tamen o teñan nas librerias Couceiro. se no no atopades eu pódome enterar donde o venden. É de edicions do Castro, ó título completo é "tentando construir uma esfinge de pedra
"desassossegos de Diaz Pardo"

saudos.

No hay comentarios:

Entrevista Isaac Díaz Pardo na TVG (Parte 1 de 2)