A ver, mira unha cousa: Todos estamos cos (somos) traballadores galegos. Isaac díxolle aus seus proprios traballadores cando estaban a reclamar un soldo xusto que el non gañara un can con Sargadelos Ista resposta de un pobre home, pésimo profesional e nulo empresario di ben ás claras a catadura moral e empresarial de ise señor. Nengún traballador de sargadelos se "solidarizou" con el. Nengún sindicato moveu un dedo por el (el non fai ren por nengún traballador) Dito todo isto o que se queira "solidarizar" pois ti mesmo. Mándalle o teu CV e xa sabes o que hai Saúdos
A ver; digo eu: 1º-. É de moi mal gusto falar sen saber, e non digamos se ainda por riba non temos os ......, de dala cara e ir de frente, agochandonos detras dun anónimo. 2º-. A catadura moral de D Isaac Díaz Pardo está fora de toda dúbida, e no me fagas rir D anónimo porque ti demostras que che aprenderon esas verbas, pero non nche aprenderon o seu significado 3º-. Agora sr anónimo porqué non envias ti o teu curriculum vitae á nova administración de Sargadelos. Coido que é o teu momento, o millor gañas montes e moreas, ou cecais levantas outra vez á fábrica, porque hasta onde eu sei mentras que estivo Isaac ó fronte non habia perdas. Namentras que agora cos grandes profesionais das finanzas está a piques da ruina. Que pidan agora un soldo digno os traballadores que van quedar na rúa pola impresionante xestión da nova directiva. Senón que llo pregunten ó cociñeiro da fábrica do Castro que lle rebaixaron o soldo en 300 euros, ou a cociñeira que quedou no sitio, tamén lle rebaixaron outros 3oo ésta denunciounos e tiveron o outro dia o xuicio, parece que pinta bastante4 ben para a sra, segundo teño entendido, o rapás que tamen nos denunciou tiveron que lle pagar todolos atrasos emaila indemnización que lle pertencía, por non falar do que lle teñen que pagar á xente do IGI, ( máis dun millón de euros ), pero que vas saber ti. Outra cousa: cada un é moi libre de expresar a súa opinión ( pois faltaría máis ),! pero home ! Cando non se está moito ó tanto de como xurden as cousas é millor pechala boca, porque senón corres o risco de que che chamen iñorante. Eu se fora ti, poríame un pouquiño ó tanto de certas cousas e dispois opinaria, non é por nada, é só por non facer o rídiculo
Perdoa Santy, sei que este non é un foro de discusión, pero non me puiden resistir. A estupidez enervame. En hora boa polo teu traballo. Canto se pode dicir sen palabras. Un biquiño,
Naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...), reunidos no obradoiro do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño (membro activo das Irmandades da Fala asasinado en 1936), ou na imprensa de Ánxel Casal, amigo da familia. O seu compromiso con Galiza iníciase en 1936, cando participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Entre 1939 (ano en que gaña unha bolsa de Artes Plásticas da Deputación Provincial da Coruña) e 1942, estudiou Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Completaría a súa formación cunha viaxe de final de carreira a Italia. Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría (en pleno recoñecemento do seu labor) en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da nosa cultura e, por outro, a rexeneración da desarticulada historia do noso país. Con todo, a pintura vai continuar presente noseu labor creativo posterior (escenografías, obra gráfica...) Un ano antes puxera xa en andamento unha pequena fábrica de cerámica no Castro de Samoedo (Sada - A Coruña), explotando as materias primas do primitivo complexo de Sargadelos (Cervo - Lugo) creado no século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez. En Arxentina, a onde se dislocou por primeira vez en 1955, coñeceu os galeguistas exiliados. Alí montou unha nova fábrica de cerámica e entablou amizade con Luís Seoane e a revista Galicia Emigrante, en que participaría co pseudónimo Ollarnovo. Desde este momento, Seoane convertiuse nun estreito colaborador nas iniciativas culturais e empresariais do compostelán. Así, co apoio de outros galeguistas (Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor, Laxeiro...), fundaron en 1963 o Laboratorio de Formas, ao que se incorporaría posteriormente o arquitecto Andrés Albalat. Desde esta institución irían tomando forma proxectos como o Complexo Industrial Sargadelos (en convenio con Cerámicas do Castro) e Ediciós do Castro (ambos en 1963), o Real Patronato de Sargadelos (encargado da protección do recinto do primitivo complexo, declarado en 1972 conxunto histórico-artístico), o Museo Carlos Maside (1970), o Instituto Galego de Información (a partir dunha idea do xornalista Lorenzo Varela) ou o novo Seminario de Estudos Galegos. A inxente actividade rexeneradora promovida por Isaac Díaz Pardo atinxe todo tipo de actos e iniciativas en que se plasma a súa idea, afastada das visións folcloristas, dunha nación galega proxectada cara o futuro. No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el propio cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os cartaces de cego, para alén dunha continuada presenza nos medios xornalísticos. En xaneiro de 2007 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.
4 comentarios:
A ver,
mira unha cousa:
Todos estamos cos (somos) traballadores galegos. Isaac díxolle aus seus proprios traballadores cando estaban a reclamar un soldo xusto que el non gañara un can con Sargadelos
Ista resposta de un pobre home, pésimo profesional e nulo empresario di ben ás claras a catadura moral e empresarial de ise señor.
Nengún traballador de sargadelos se "solidarizou" con el. Nengún sindicato moveu un dedo por el (el non fai ren por nengún traballador)
Dito todo isto o que se queira "solidarizar" pois ti mesmo. Mándalle o teu CV e xa sabes o que hai
Saúdos
A ver; digo eu:
1º-. É de moi mal gusto falar sen saber, e non digamos se ainda por riba non temos os ......, de dala cara e ir de frente, agochandonos detras dun anónimo.
2º-. A catadura moral de D Isaac Díaz Pardo está fora de toda dúbida, e no me fagas rir D anónimo porque ti demostras que che aprenderon esas verbas, pero non nche aprenderon o seu significado
3º-. Agora sr anónimo porqué non envias ti o teu curriculum vitae á nova administración de Sargadelos. Coido que é o teu momento, o millor gañas montes e moreas, ou cecais levantas outra vez á fábrica, porque hasta onde eu sei mentras que estivo Isaac ó fronte non habia perdas. Namentras que agora cos grandes profesionais das finanzas está a piques da ruina. Que pidan agora un soldo digno os traballadores que van quedar na rúa pola impresionante xestión da nova directiva. Senón que llo pregunten ó cociñeiro da fábrica do Castro que lle rebaixaron o soldo en 300 euros, ou a cociñeira que quedou no sitio, tamén lle rebaixaron outros 3oo ésta denunciounos e tiveron o outro dia o xuicio, parece que pinta bastante4 ben para a sra, segundo teño entendido, o rapás que tamen nos denunciou tiveron que lle pagar todolos atrasos emaila indemnización que lle pertencía, por non falar do que lle teñen que pagar á xente do IGI, ( máis dun millón de euros ), pero que vas saber ti.
Outra cousa: cada un é moi libre de expresar a súa opinión ( pois faltaría máis ),! pero home ! Cando non se está moito ó tanto de como xurden as cousas é millor pechala boca, porque senón corres o risco de que che chamen iñorante. Eu se fora ti, poríame un pouquiño ó tanto de certas cousas e dispois opinaria, non é por nada, é só por non facer o rídiculo
Perdoa Santy, sei que este non é un foro de discusión, pero non me puiden resistir. A estupidez enervame.
En hora boa polo teu traballo. Canto se pode dicir sen palabras. Un biquiño,
Anxeles.
Semella que vai coa súa crs as crus ás costas
Publicar un comentario