CHASIN dixo

Fai cousa dun mes lin o derradeiro libro de Diaz Pardo, títulase " tentando construir unha esfinxe de pedra " a verdade é que merece a pena ( coma todo o que el escribe ) pero cecais este ten mais significado porque nel relata da algún xeito todo o que lle está a acontecer nestes últimos dous anos, e por outra parde de algún modo antes de acontecer todo este lio de Sargadelos xa él intuía que todo podia rematar coma, o Marqués de Sargadelos, anque doutro xeito,claro.
Humildemente, dende eiquí quero rendir unha pequena homenaxe a este gran artista. Atrévome dende eiquí a mandarlle unhas letras que fan alusión ó seu relato. Secadra parece unha pedantería pola miña parte, pero eu coñezoo moi ben, e sei que se o lee vaille gustar.

VAI POR TI ISAAC

TODOS TEMOS A NOSA ESFINXE.

Hay moitos anos unha esfinxe, cecais parente da túa, díxome:
" cala nena non fales xa que mesmo te poden meter na cadea"
Uns homes de traxe verde acostumados a topar con outros homes sen cabelos, andan polas veirarúas, a vixiar que se manteña o orde e as boas costumes. Eu moi pequecha discutín coa miña esfinxe. ( a miña era loira e de ollos escuros ). Dixénlle, non calarei. Sempre me poderán encadear ó corpo, pero nunca os meus pensamentos.
A meniña medrou e segue a falar ca súa esfinxe. Un bó dia preguntoulle ¿ e que che parece o que pensa a túa compañeira, a que ten o mar nos ollos ?.
Que está enganada co seu facedor, él non é un fracasado. A esfinxe de pedra é demasiado crítica, só basta unha ollada para atopar o home buscado de pes a cabeza.
Falarei con ela, dixo a miña esfinxe.

Esfinxe de pedra anima ó teu amo
Recorda que él fíxote, non lle falles ti
Él non é de pedra, errar é de humanos
Os erros desfanse
Tal vez se chamamos de novo á esperanza
Teñamos repouso pos vindeiros anos
Non pode perder o que ten gañado
Por méritos propios
Non poden burlarse do seu bo facer
Ningún miserable te pode eclipsar
Só ti es o único que telo direito
De te namorar da esfinxe de pedra
sempre contigo. mª anxeles

Se a alguen lle interesa o libro, pódese comprar no castro, cecais tamen o teñan nas librerias Couceiro. se no no atopades eu pódome enterar donde o venden. É de edicions do Castro, ó título completo é "tentando construir uma esfinge de pedra
"desassossegos de Diaz Pardo"

saudos.

Homenaxe popular da Terra das Mariñas a Isaac Díaz Pardo

















EN SADA DO 24 AO 29 DE NOVEMBRO

Programa Homenaxe. PDF

Con Xosé Neira Vilas.

Láncara, 2006.

A galopar. Paco Ibáñez y Rafael Alberti.

Concierto en el teatro Alcalá de Madrid en mayo de 1991.


Isaac Díaz Pardo mantivo unha charla o pasado sábado
día 19 no "Foro Negro". Alí falou sobre as súas
experiencias e a relación actual con Sargadelos.

Video ANT TV
Memorias dun neno labrego. Con Xosé Neira Vilas.
Láncara, 2006.
"O culpa téñoa eu", asegura Isaac Díaz Pardo desde a súa atalia do Instituto Galego da Información (IGI), en Compostela, poucas horas antes de que comece a xunta de accionistas desta empresa, onde el podía quedar desposuído do cargo de conselleiro delegado que ocupa desde a súa creación. E na antesala dunha situación que cualificaba de "terrible", Díaz Pardo botaba enriba súa as responsabilidades, porque -fala a borbollóns- "eu fun quen foi facendo esa xente e dándolle as participacións", "porque ninguén puxo un can polas accións", "porque todo se lle deu gratuitamente", "porque a empresa medrou con gran xenerosidade", pero "as condicións humanas están feitas destas miserias".
(Galicia Hoxe, 02/07/2006)

Entrevista Isaac Díaz Pardo na TVG (Parte 1 de 2)

Santi López

Tras participar en varias mostras fotográficas individuais e colectivas nos comezos da súa carreira fotográfica, iniciou o seu contacto co fotoperiodismo fai unha década. traballou como reporteiro gráfico nas cabeceiras de La Voz de Galicia e O Progreso de Lugo. Colabora en publicacións e catálogos desenvolvendo traballos de fotografía editorial e publicitaria. Do mesmo xeito, continúa a súa relación co ámbito expositivo desenvolvendo proxectos de fotografía comercial e de autor.